17/5/12

AS ARAÑAS GALEGAS DE POIO

Braisa, a araña pallasa - a Enfurruñada -  a Porcaraña - Lixeira - Chimpa e Limpa - Arañuda Peluda - Trastuda - Preguiceira - Recolledoradelixo - Arranxacremalleiras - Disfraces - Danzarina - Profesora.
Pero...que é todo istooooo? Imos ver:

Pola semana das Letras Galegas traballamos unha actividade organizada e coordinada polo Concello de Poio para todas as escolas unitarias. Así, iniciamos o traballo cun universo de invertebrados (insectos e arañas) que se atopaban na obra seguinte:


Despois, partindo dun modelo de araña, en cada centro decidimos decoralas ao noso gusto:









E finalmente, cada un de nós escolleu un nome para cada araña: asi que, xa sabedes agora o por que dos nomes ao principio da entrada...
Fixemos dous tipos de arañas: por se algunha se escapaba..!



E o mércores 16...ao Concello de Poio, cos compañeiros das outras unitarias, a deixar as nosas arañas nas redes atrapa insectos que alí nos instalaron:



Comezamos cunha sesión onde nos contaron o conto nunha proxección:


 Aquí nos, pousando coas nosas arañas xa expostas na tea:




Outras arañas amigas (de escolas amigas, queremos dicir):



 Ademáis, convidáronos a comer arañas de chocolate:


 E pintámonos tamén:

 Bailamos e cantamos co resto dos compañeiros doutras escolas:




 Desde o Concello, animáronnos a recitar un poema moi "animal", facendo os sons dos animais que aparecían no relato:
 Documentos sonoros:

 Unha mamá da escola de Samieira agasallounos cunha fermosa canción:


16/5/12

FELIZ 6º ANIVERSARIO, ALEX !!!


QUE É ESA ESA IMAXE? SERÁ UN PAXARO...UN AVIÓN...UNHA FOTO-RADIOGRAFÍA???


Pois sí...a foto de Alejandro...e dándolle a volta, un pedazo de puzzle coa seguinte imaxe:





Parabéns para o noso segundo alumno maior da escola!! Como eran 6 os anos que cumpría e 6 o número de patas dos insectos, animais que estamos a traballar na escola estes días...pois nada, a facer unha composición de xoaniña-alejandro (xoaniñalex) para que o recorde cando desexe. A disfrutar da celebración!

12/5/12

COMO VAN AS SEMENTES QUE PLANTAMOS?

Vede como medraron nun só día (e sen retoques de ordenador, coma os antes-despois dos anuncios de produtos de adelgazamento de tv):


XOVES, 8 DE MAIO
VENRES, 9 DE MAIO.

Este xoves botámoslle un ollo ás pebidas plantadas a semana pasada e...voilá!

Dispostos en tres columnas (equipos verde, amarelo e vermello), os tres vasos-testos contiñan, ordenados en tres filas, sementes de pemento, cabaza e mixtura de ambas (o último, en algodón). Como se ve, empezan a brotar nos equipos dos extremos as cabazas (só en terra). Vemos máis fotos:

Equipo vermello.
Equipo verde.

Tamén no equipo amarillo podiamos adiviñar un pequeno brote verde (onde oín esto antes??)

Menos sorte tivemos co algodón: nen trazas hai!

Dos pementos...parece que asoma unha puntiña na parte superior...(ou unha herba que por alí pasaba) 
Comunidade de regantes do equipo vermello.

Comunidade de regantes do equipo amarelo.
Comunidade de regantes do equipo verde.
VENRES 9 DE MAIO: Van o non van ben?







Conclusión:
Despois de deliberar (ou algo así), quitamos en claro o seguinte:
1. O algodón é bo para as feridas, pero non para plantar sementes ( o algodón non engana, ben sabido é!).
2. Aos pementos pásalle o mesmo que a algún de nós, que nos costa erguernos pola mañá (pero eles non ven a tv).
3. As cabazas están tolas por saír para prepararse para o Samaín (polo menos, as plantadas na terra). Aínda que segundo nos conta o profe, non cree que lle faga moita ilusión esa festa (o mesmo lle pasa a Peppa Pig con San Martiño).

En resumo do resumo:
As cabazas plantadas na terra fáltalle tempo para saír do testo e converterse na faba xigante que trepa ata o ceo...pero ese é outro conto do que falaremos outro día.