Gran aventura o martes 12 de xuño de 2012.
Convertidos en mariñeiros e mariñeiras descubrimos un montón de cousas sobre esta difícil profesión.
![]() |
COMO VEDES, ESTAMOS TODOS PREPARADOS |
![]() |
E DISPOSTOS |
![]() |
CHEOS DE ILUSIÓN |
![]() |
E DE SONO TAMÉN (SÓ UN POUCO) |
![]() |
CHEGAMOS A RAXÓ |
![]() |
PARA EMBARCAR NUNHA NOVA AVENTURA |
![]() |
NA QUE DESCUBRIMOS O MUNDO DO MAR |
![]() |
E DOS MEXILÓNS!! |
![]() |
FIXEMOS NOVOS AMIGOS QUE NOS ENSINARON COUSAS MOI INTERESANTES |
![]() |
AQUÍ TEMOS UNHA BOA FONTE DE MEXILÓNS!! |
![]() |
MIRADE QUE ATENTOS/AS ESTABAMOS |
![]() |
INCLUSO SUBIMOS Á PONTE DE MANDO!! |
![]() |
E PUIDEMOS VER O TIMÓN (DE TOCALO NADA DE NADA) |
![]() |
TAMÉN APRENDEMOS MOITO SOBRE AS REDES DE PESCA |
E PASÓUSENOS A MAÑÁ NUN VIRA-VIRA!!
Foi toda unha experiencia! Subimos a un barco e fomos mariñeiros/as por unhas horas antes de voltar á nosa escola. Unha viaxe que non esqueceremos nunca.
Grazas aos mariñeiros de Raxó que nos adicaron o seu tempo e que nos amosaron un pouquiño da súa profesión.