17/6/11

VENRES 17 DE XUÑO, un día de alegría: ARIADNA E OS SEUS CATRO MAGNÍFICOS...ANOS!!! PARABÉNS!!!

Como grande estrela, Ariadna foi este venres a homenaxeada, pois non era para menos...catros anos cumprirá o sábado 18 de xuño!!!
Non sabemos se hai crise dos catro anos (penso que aínda haberá que esperar un pouco) pero hoxe, desde logo, so hai lugar para a felicidade. PARABÉNS, ARIADNA!!
E como estrelas da cinema, deixamos unha mostra. Ahí vai:

... e un día de tristeza: DESPEDIMOS Á PROFESORA BARCA

Despois de dous anos connosco, a profesora Barca navega cara outro rumbo. Coas nosas bágoas faremos un mar amigo no que non haxa tempestades e co noso alento que so sopre unha brisa suave nas suas velas. Boa viaxe e recorda que sempre hai un porto-santo no que amarrar cando o desexes! Seguro que saberemos de ti por Colón, o nosa fiel mascota.Un bico enooooooooooorme de todos nos...e a navegar!


Deixamosvos tamén un vídeo: