26/2/15

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO – CURSO ESCOLAR 2015-2016

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO –
CURSO ESCOLAR 2015-2016

O prazo para a  Admisión de alumnos que se incorporan ao noso Centro, en Educación Infantil  para o vindeiro curso académico 2015-2016, estará aberto dende o 2 ao 23 de marzo, ámbolos dous inclusive. Poden recoller os impresos no Centro, das 9 ás14 h.

ÁREA DE INFLUENCIA:
O ámbito de influencia abrangue o Concello de Poio.

NORMATIVA REGULADORA:

 DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


PREVISIÓN PARA O CURSO 2015/2016

6º de Educación Infantil

5º de Educación Infantil

4º de Educación Infantil

Vacantes
15 alumnos/as


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 2 ao 23 de marzo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS:

Do 25 de marzo ao 7 de abril

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE
ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN A ESTAS LISTAXES:

Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación.

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE
ADMITIDOS:

Antes do 15 de maio

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

Do 22 ao 30 de xuño.





NOTA INFORMATIVA

SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR.

A INFRACCIÓN DESTA NORMA DETERMINARÁ A PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.

O ALUMNADO DESTE CENTRO, SE PRESENTA SOLICITUDE DE
ADMISIÓN NOUTRO DISTINTO DEBERÁ COMUNICALO AQUÍ.



O PRAZO DE MATRICULA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2015-2016 SERÁ  DO 22 AO 30 DE XUÑO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.

DOCUMENTACIÓN:

-          Impreso (Secretaría).
-          Fotocopia do Libro de Familia.
-          Certificado de empadroamento (Concello).
-          Fotocopia da tarxeta sanitaria.
-          Dúas fotos tamaño carnet.
-          No suposto de que se alegue unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, acreditarase mediante a certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou, se é o caso, doutras administracións.
-          De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.