12/5/12

COMO VAN AS SEMENTES QUE PLANTAMOS?

Vede como medraron nun só día (e sen retoques de ordenador, coma os antes-despois dos anuncios de produtos de adelgazamento de tv):


XOVES, 8 DE MAIO
VENRES, 9 DE MAIO.

Este xoves botámoslle un ollo ás pebidas plantadas a semana pasada e...voilá!

Dispostos en tres columnas (equipos verde, amarelo e vermello), os tres vasos-testos contiñan, ordenados en tres filas, sementes de pemento, cabaza e mixtura de ambas (o último, en algodón). Como se ve, empezan a brotar nos equipos dos extremos as cabazas (só en terra). Vemos máis fotos:

Equipo vermello.
Equipo verde.

Tamén no equipo amarillo podiamos adiviñar un pequeno brote verde (onde oín esto antes??)

Menos sorte tivemos co algodón: nen trazas hai!

Dos pementos...parece que asoma unha puntiña na parte superior...(ou unha herba que por alí pasaba) 
Comunidade de regantes do equipo vermello.

Comunidade de regantes do equipo amarelo.
Comunidade de regantes do equipo verde.
VENRES 9 DE MAIO: Van o non van ben?







Conclusión:
Despois de deliberar (ou algo así), quitamos en claro o seguinte:
1. O algodón é bo para as feridas, pero non para plantar sementes ( o algodón non engana, ben sabido é!).
2. Aos pementos pásalle o mesmo que a algún de nós, que nos costa erguernos pola mañá (pero eles non ven a tv).
3. As cabazas están tolas por saír para prepararse para o Samaín (polo menos, as plantadas na terra). Aínda que segundo nos conta o profe, non cree que lle faga moita ilusión esa festa (o mesmo lle pasa a Peppa Pig con San Martiño).

En resumo do resumo:
As cabazas plantadas na terra fáltalle tempo para saír do testo e converterse na faba xigante que trepa ata o ceo...pero ese é outro conto do que falaremos outro día.

7/5/12

EU QUERÍA SER CIVILIZADO COMO OS ANIMAIS







A diversidade animal é tan variada como variadas tamén son as formas de captala. Xunto cos compañeiros das EEI de O Vao, Albar, Samieira e Sartal, hoxe estivemos unha exposición fotográfica de animais salvaxes no seu hábitat natural: xirafas, pelícanos, tartarugas, osos, guepardos, hipopótamos, rinocerontes, águias, baleas, tiburóns...así ata 107 fotos, vimos nunha sá do Centro Cultural de Novacaixagalicia de Pontevedra. 

"Fotógrafos da Natureza. Wildlife 2012" é o nome da exposición que tivemos o PRIVILEXIO de ver, xa que se expón en Pontevedra (primeira cidade de España na que se fai) simultáneamente con Londres:

"La muestra es el resultado del certamen Veolia Environment Wildlife Photographer of the Year que convoca desde hace 47 años el Museo de Historia Natural de Londres y el BBC Wildlife Magazine, la revista de naturaleza del canal público británico.
Las fotografías que se pueden ver en la exposición fueron seleccionadas entre las más de 40.000 que presentaron a esta nueva edición fotógrafos de todo el mundo.
Por primera vez en la historia, el ganador  del certamen es un español (afincado en los Estados Unidos), el fotógrafo Daniel Beltrá, por la instantánea de unos pelícanos afectados por el vertido de petróleo en el Golfo de México.

Veolia Environment Wildlife Photographer
El Veolia Environment Wildlife Photographer está considerado como el Pulitzer de la fotografía de naturaleza.
Los participantes deben retratar entornos silvestres y animales salvajes, espacios en los que aún no ha intervenido el hombre". (Fonte: páxina obra social novacaixagalicia. Link aduxnto).


A fotografía premiada é esta:

Pelícanos no Golfo de México, de Daniel Beltrá
Na nosa visita ao Centro, dividíronnos en dous grupos: un formado polas escolas de Albar, Samieira e Sartal e outro integrado polos alumnos de Portosanto e O Vao. O primeiro comezou pola visita á exposición; entanto nós, traballamos nun taller para confeccionar unha marioneta dun animal salvaxe. Na segunda parte, cambiamos as actividades:


Cos compañeiros do Vao, dispostos arredor dunha longa mesa .
















Un video para a lembranza:




THIS VIDEO IS NOT AVALIABLE




 Máis tarde, pasamos á sá Laxeiro e alí explicáronnos que iamos ver despois (non sei se se chamaba así esta sá, pero como alí había un cadro del..!)





Xa na sá de exposicións, vimos un mundo que non adoitamos ver: os animais na sua liberdade.








Na última das sás, unha exposición de fotografías...feitas por nenos e nenas.

Para saber máis, páxinas de interese. Comezamos pola da exposición que ofrece a obra social de Novacaixagalicia:

Afondamos un pouco máis no link que desde o Museo de Historia Natural de Londres se ofrece da exposición e do conxunto da obra:

E un endrezo gañador: Daniel Beltrá, o primeiro español que acada este galardón:
Para finalizar, a letra dunha vella e bela canción:

Eu queria poder afagar uma fera terrível
Eu queria poder transformar tanta coisa impossível
Eu queria dizer tanta coisa
Que pudesse fazer eu ficar bem comigo
Eu queria poder abraçar meu maior inimigo
Eu queria não ver tantas nuvens escuras nos ares
Navegar sem achar tantas manchas de óleo nos mares
E as baleias desaparecendo
Por falta de escrúpulos comercias
Eu queria ser civilizado como os animais
Eu queria ser civilizado como os animais
Eu queria não ver todo o verde da terra morrendo
E das águas dos rios os peixes desaparecendo
Eu queria gritar que esse tal de ouro negro
Não passa de um negro veneno
E sabemos que por tudo isso vivemos bem menos
Eu não posso aceitar certas coisas que eu não entendo
O comércio das armas de guerra da morte vivendo
Eu queria falar de alegria
Ao invés de tristeza mas não sou capaz
Eu queria ser civilizado como os animais
Eu queria ser civilizado como os animais
Eu queria ser civilizado como os animais
Não sou contra o progresso
Mas apelo pro bom senso
Um erro não conserta o outro
Isso é o que eu penso
Eu não sou contra o progresso
Mas apelo pro bom senso
Um erro não conserta o outro
Isso é o que eu penso.


Como unha unha imaxe vale máis que mil palabras...