esta semana imos tratar un tema moi interesante: A Rúa. Para o traballo deste novo núcleo temático ímonos servir, entre outras cousas, da pintura.
12/3/11
ESTA SEMANA COMEZAMOS UN NOVO NÚCLEO TEMÁTICO: A RÚA
Logo de finalizar co Entroido e as Profesións,
esta semana imos tratar un tema moi interesante: A Rúa. Para o traballo deste novo núcleo temático ímonos servir, entre outras cousas, da pintura.
esta semana imos tratar un tema moi interesante: A Rúa. Para o traballo deste novo núcleo temático ímonos servir, entre outras cousas, da pintura.
SUXERENCIAS PARA O ENTROIDO 2012
Convídase a todas as nais e pais a aportar ideas e suxerencias para a elección dos disfraces para o vindeiro entroido. Animádevos a participar!.
7/3/11
ENTROIDO EN PORTOSANTO
Como xa todos a todas saberedes, o pasado día catro deste mes celebramos o entroido na nosa escola de Portosanto. Podería ter sido un entroido máis se non fose pola la peculiaridade de que concentrou ao maior número de Bob Esponxas por metro cadrado (mágoa non ter avisado aos do Libro Guiness dos Récords para que acudiran ao acontecemento... no caso de haber sitio suficiente porque con tanta esponxa...). Disque tamén houbo comida, bebida e música!. Que máis se pode pedir?.
6/3/11
A TODOS/AS OS QUE NOS VISITAN POR PRIMEIRA VEZ
Queremos agradecervos a vosa visita e presentarvos á mascota da nosa escola que, estando situada na Avenida de Colón, non podería chamarse máis que iso: COLÓN
ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2011/2012
Durante todo o mes de marzo estará aberto o prazo para solicitar prazas para os que desexen iniciar os seus estudos nesta escola. Para calquera dúbida ou consulta contacten co mestre de 9:00 a 14:00.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)