1/11/13

SAMA...HALLOW..SAMAEEN (outro ano con dúbidas co nome!!)

Quen dí que o outono é aburrido?????????? Que o Samaín ou Halloween non ven no verán...porque tampouco hai cabazas por aquela. E que sería un Samaín sen cabazas??? Pois velahí están unhas poucas na Escola de Portosanto...Imos por pasos:

PASO 1: Precisamos nenos e cabazas, alomenos unha cabaza por duas cabezas...acadado!



PASO 2: Cun rotulador, debuxar ollos, nariz e boca....ahí vaaaaaaaaaaaaan!






PASO 3: Despois de que o profe decidiu abrir a cabaza pola parte superior e cortar por onde estaba marcado...a vaciaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar!!!!!!!!!!!!!!!!!!! 

AAAh, con mans e culleres....










 Estes dous tomárono moi en serio: primeiro, inmovilizaron a cabaza...
...e veña, a fozar nela sen tregua...!!!!
Quedaron limpos despois de tanto batallar...pero fixeron un magnífico traballo!!!!










 PASO 4: A LIMPAR AS PEBIDAS, VEÑAAAAAAAAAAAAAAAAAA....

Tamén fixemos máis que atacar hortalizas de cor naranxa...un esqueleto que había que facer primeiro...



 E cantar e tocar algunha canción alusiva ao tempo, desobedecer ao profe mentras nun destes ensaios musicais algún neno decide inmortalizar este grandioso momento usando a cámara da escola...


 E chega o día ( mellor dito, a véspera da véspera porque neste ano decidiron que o último día de outubro debiamos estar na casa)



 Velahí o noso esqueleto, xa montado...


                                                                                                       ... e uns arquivos de video, tamén...