4/5/12

UN DÍA ESPECIAL PARA UNHA PERSOA ESPECIAL

Acordámonos tódolos días da nosa mamá. Pero sabemos que no primeiro domingo de maio celebramos (en España) o día da nai. Xa nos contou o profe a historia dese tan especial día: desde Grecia e a titánide Rea, nai de Zeus ata Julia Ward Howe e Anna Jarvis, promotoras da idea do día da nai, pasaron moitos anos. De seguro que todas estarían contentas de serlles agasalladas cun bolso decorado. Coma sempre, fotos:

En días anteriores, recortamos e picamos os patróns da base e peche do bolso, coloreamos o debuxo cos corazóns que posteriormente recortaríamos e pegariamos na parte posterior do mesmo; coloreamos a Kitty no frontal, decorándoa con pebidas de cabazo, dobramos moitiiiiiiiiiiiiisimo e pegamos peche, asa, lados e os nosos dedos...(meu  Deus, que estreeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeees!!!)
Despois de aplicarlle un barniz á Kitty, tiña que secar para rematar de pegar todo o venres. 
Aquí vemos o proceso de secado da cartulina (similar ao do polbo, pero menos picante e máis barato):


Emma concentrada (tentaría visionar un novo concepto de bolso??)





Miguel sorprendido tentando domar o caprichoso bolso.

Colocar unha asa non é tan doado como semella...


Detalle do bolso (en tres tomas).


Aquí, tan contentos co resultado...e esperando que lles guste ás nosas mamás tanto como a nós nos custou montalo!

30/4/12

SEMENTAR, SEMENTAREI...

Como seguimos tamén blogs amigos, vimos que a desde a escola de Samieira fixeron un experimento moi interesante: sementaron pebidas en distintas condicións (con luz e sen ela) para ver cal sería o seu efecto na futura planta.
Así que nós tamén decidimos facer un experimento parecido.
Desde a Escola de Portosanto, partimos dunha historia que nos contou Jorge o Curioso con cinco clases de froitos de plantas (sabemos que alí están as sementes): tomates, pementos, berenxenas, cabaciños e sandías. Contámolo con fotos:



Comezamos co link de Jorge o Curioso: http://www.youtube.com/watch?v=uUQ1oRddyow





O mestre trouxo un representante de cada clase (excepto de sandía, xa que tiñamos pebidas de cabazo do Samaín).


Abrímolas á metade, buscando un montón de pebidas...aínda que so vimos as dos pemento e tomate (posto que as berenxena e o cabaciña aínda eran verduras bebés!)


 Pemento, tomate, berenxena e cabaciña.





Escollemos as sementes de pemento

 Preparámos observacións no microscopio















Cortando a semente pola metade, vimos isto:


Detalle da pebida enteira:
 E tamén, epidermes do tomate, berenxena e cabaciña:



















Despois de velas ben...a plantalas mellor! Escollemos as pebidas de pemento e cabazo.

 Terra á vistaaa...á semente, quero dicir... Saímos ao patio a por terra para as nosas macetas-vasos. Dous vasos de terra por grupo: suficiente.


Cada grupo de traballo (equipos vermello, amarelo e verde) tiñamos tres vasos: no primeiro, puxemos oito sementes de pemento; no segundo, catro de cabaza e finalmente, no último, dúas pebidas de cada clase. Os dous primeiros vasos, con terra; o terceiro, cun pouco algodón. Todos os regamos con auga.





 Despois de marcados coas iniciais de cada equipo, dispuxémolos nunha bandexa xunto a unha ventá. En total, nove vasos con nove incógnitas. Que pasará? Sairán antes os que teñen terra? Os pementos? Os dos equipo vermello? Ningún? Imos darlle un pouco de tempo...xa que a paciencia é a nai da Ciencia.