2/3/17

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO –
CURSO ESCOLAR 2.017-2.018

O prazo para a  Admisión de alumnos que se incorporan ao noso Centro, en Educación Infantil  para o vindeiro curso académico 2.017-2.018, estará aberto dende o 2 ao 20 de marzo, ámbolos dous inclusive. 



Este ano introdúcese, como novidade,  a aplicación informática " admisionalumnado"  que permitirá presentar as solicitudes e documentación e tramitar o procedemento de forma electrónica.

Enlace premendo AQUÍ: 

             Tamén se pode presentar, como ata agora, nos centros educativos, cubrindo os impresos de solicitude de forma manual.
Os impresos poden recollerse na nosa escola, no seguinte horario:

Luns a venres: de   9:00 a 14:00 h 
Martes:            de 16:00 a 19:00 h

Ou descargándoos no enlace previo.



ZONA DE INFLUENCIA:

Lugar de Portosanto

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO (BAREMO):

Alumnado procedente da rede autonómica de escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integrados na  Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ("A Galiña Azul ") ou alumnado con irmáns nese centro.

Forma de acreditar o criterio complementario: Certificado de matrícula do centro de orixe.

 DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

VACANTES PARA O CURSO 2.017/2018

CURSO
RESERVA ALUMNADO NEAE
RESTO ALUMNADO
6º de Educación Infantil
-
13
5º de Educación Infantil
-
4º de Educación Infantil
3

TOTAL VACANTES

13 + 3 NEAE









ADSCRIPCIÓN:
O noso centro está adscrito ao CEIP de VIÑAS


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 2 ao 20 de marzo

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS:
Do 23 de marzo ao 5 de abril

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE
ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN A ESTAS LISTAXES:
Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación.

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE
ADMITIDOS:
Antes do 15 de maio

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
Do 20 ao 30 de xuño.

NOTA INFORMATIVA

SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR.
A INFRACCIÓN DESTA NORMA DETERMINARÁ A PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.

O ALUMNADO DESTE CENTRO, SE PRESENTA SOLICITUDE DE
ADMISIÓN NOUTRO DISTINTO DEBERÁ COMUNICALO AQUÍ.

O PRAZO DE MATRICULA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2017-2018 SERÁ  DO 20 AO 30 DE XUÑO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.

DOCUMENTACIÓN:
-          Impreso.
-          Fotocopia do Libro de Familia.
-          Certificado de empadroamento (Concello).
-          Fotocopia da tarxeta sanitaria.
-          Dúas fotos tamaño carnet.
-          No suposto de que se alegue unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, acreditarase mediante a certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou, se é o caso, doutras administracións.
-          De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.