30/3/12

Volvemos o 10 de Abril

Para todos aqueles que extraviaron a carta (quen sabe onde??) que con tanto amor e cariño o mestre de Portosanto tivo a ben entregar ás familias ou para aqueloutros que foron víctimas dun atracador de cartas de escola (de todo hai), recordámoslles que nela se informaba, entre outras cousas, que estaremos de volta o martes 10 de abril.

Como na carta viñan máis cousas...MIRADE A SECCIÓN de DERRADEIRA COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS, que podedes ver na columna da dereita do blog, máis ou menos, entre a foto da escola e o contador de visitas (que por certo, xa pasamos do millar!).

Igualmente, recordamos que nese mesmo día remata o prazo de solicitude de matrícula para o vindeiro curso.

Un saúdo para todos/as.

ASTARTÉ, EASTER, COELLO NO SEPULCRO DE XESÚS: O NOSO COELLO DE PASCUA

De tan variadas maneiras como reza o encabezado desta entrada, pode remontarse a orixe da obra que fixemos estes días: un Coelliño de Pascua onde poder meter ovos de chocolate e demáis larpeiradas que caiban.

Os que case non cabiamos eramos nos na foto...todo é cuestión de apretarse un pouco!



  Detalle dun dos coellos que quería saír na foto:

Un par de enlaces para ver a orixe do Coello de Pascua:
http://www.scrippsnews.com/node/19769
http://web.archive.org/web/20060331174718/http://altreligion.about.com/library/bl_easterbunny.htm
http://landscaping.about.com/cs/pests/a/easter_rabbit.htm

Para vistazos moi rápidos, unha de wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Conejo_de_Pascua