Vede como medraron nun só día (
e sen retoques de ordenador, coma os antes-despois dos anuncios de produtos de adelgazamento de tv):
|
XOVES, 8 DE MAIO |
|
VENRES, 9 DE MAIO. |
Este xoves botámoslle un ollo ás pebidas plantadas a semana pasada e...voilá!
|
Dispostos en tres columnas (equipos verde, amarelo e vermello), os tres vasos-testos contiñan, ordenados en tres filas, sementes de pemento, cabaza e mixtura de ambas (o último, en algodón). Como se ve, empezan a brotar nos equipos dos extremos as cabazas (só en terra). Vemos máis fotos:
|
|
Equipo vermello. |
|
Equipo verde. |
|
Tamén no equipo amarillo podiamos adiviñar un pequeno brote verde (onde oín esto antes??) |
|
Menos sorte tivemos co algodón: nen trazas hai! |
|
Dos pementos...parece que asoma unha puntiña na parte superior...(ou unha herba que por alí pasaba) |
|
Comunidade de regantes do equipo vermello. |
|
Comunidade de regantes do equipo amarelo. |
|
|
Comunidade de regantes do equipo verde. |
|
|
VENRES 9 DE MAIO: Van o non van ben? |
Conclusión:
Despois de deliberar (ou algo así), quitamos en claro o seguinte:
1. O algodón é bo para as feridas, pero non para plantar sementes ( o algodón non engana, ben sabido é!).
2. Aos pementos pásalle o mesmo que a algún de nós, que nos costa erguernos pola mañá (pero eles non ven a tv).
3. As cabazas están tolas por saír para prepararse para o Samaín (polo menos, as plantadas na terra). Aínda que segundo nos conta o profe, non cree que lle faga moita ilusión esa festa (o mesmo lle pasa a Peppa Pig con San Martiño).
En resumo do resumo:
As cabazas plantadas na terra fáltalle tempo para saír do testo e converterse na faba xigante que trepa ata o ceo...pero ese é outro conto do que falaremos outro día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario