12/9/12

COMEZAMOS O CURSO 2012-2013

Despois das vacacións...volta ao traballo! E na escola, non podería ser menos. Da man dos novos compañeiros que neste curso se incorporaron, fixemos xogos para presentarnos e coñecernos mellor...e ata tivemos tempo de ver un fragmento dun capítulo de Dora (e só un pouquiño, porque os nenos e nenas pedíronlle ao profesor Manuel poder coloreala). Así que, para comezar, non estivo nada mal. Como é costume, sesión de fotos (e un vídeo) deste primeiro día: