10/3/12

FELIZ ANIVERSARIO, CUMPLEAÑOS E HAPPY BIRTHDAY TO IRENE...!

Desta plurilingüe maneira quixemos felicitar este venres á nosa alumna maior polo seu sexto aniversario. Aínda que o 4 de marzo era a data, tivo que pospoñerse a celebración ata este día por mor dunha gripe tola que arrasou en Portosanto. Como recordo (do aniversario, non da gripe!), unha galería de fotos:

Comezamos soprando a vela cun riquísimo flan - torta de chocolate...


Cada un de nós fixemos unha composición cun cachiño de Irene: por un lado do papel, Irene cando comezou na escola, con tres anos:

 


...E polo outro, a nosa Irene actual, cos seis anos cumpridos:




Finalmente, cada un de nos cun pedaciño de Irene nas nosas mans...e no noso corazón!

6/3/12

SALOOOOOOOOOOOOOOON DO LIBRO

Ola! Non nos imaxinabamos que poidese haber un saloooooooooooooon tan grande (mesmo parecía unha ducia de salas de cinema xuntas!) cheos de libros e figuras tan grandes! Cos compañeiros das unitarias do Concello de Poio (Samieira e Sartal - escolas que nos convidaron-,  así como as escolas de Albar e Vao) fixemos unha visita ao SALÓN DO LIBRO de Pontevedra, que este ano ía adicado ás supersticións.
Ben...tamén pasamos un pouco de medo...había algunha meiga solta por alí!!!

 Antes, un enlace á páxina do salón do libro: http://www.salondolibro.org/

E agora, descargamos sesión fotográfica...alí vai:











































5/3/12

ABERTO PRAZO SOLICITUDE ADMISIÓN EEI PORTOSANTO - CURSO 2012-2013

Desde o 1 de marzo e ata o 10 de abril estará aberto o prazo para solicitar a admisión do alumnado de cara o vindeiro curso 2012-2013 en tódolos centros sostidos con fondos públicos de Galicia.

Así, os/as alumnos/as nados no ano 2009 (todos aqueles/as que cumpran os 3 anos durante o ano 2012) xa poderán incorporarse ao segundo ciclo de Educación Infantil.