10/5/16

Elías e o 4º milenio (ou era aniversario??)

Xa está. Outro membro máis da nosa escola que chega aos catro (anos), abandoando os tres (anos)...e iso que só eran dous (nenos de 4º curso),ou sexa de tres anos, ben, de tres anos ao principio de curso, porque agora non, claro...ou non moi claro..!)
Ben, trabalinguas á marxe, catro son os anos que Elías deu en cumplir o último xoves de abril.
E para recordalo...a nosa adicatoria canina en modo de feliz aniversario:



29/3/16

TRES ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PŔOXIMAS


A continuación, imos detallar as TRES actividades proxectadas para os meses de ABRIL E MAIO:


Ao longo deste mes de abril asistiremos a dúas actividades culturais que de seguro nos van gustar: a primeira delas, prevista para o VENRES 8 no PAZO DA CULTURA, xirará en torno á bichería do XVII edición do Salón do Libro en Pontevedra.










E chegada a primavera, unha non chega, senón quince... para o MARTES 19 de abril: MAMÁ CABRA !!!!!!

No auditorio de Afundación sita en Pontevedra, asistiremos a unha función que non imos esquecer!!!!

Información do evento - páxina Afundación

Información do evento - páxima MAMÁ CABRA

E previsto para o LUNS 2 DE MAIO...APÍPOLIS:

Para coñecer máis sobre Apípolis, premer AQUÍ

 Onde pasaremos TODA A MAÑÁ...entre uns bichos (como o do Salón do Libro) moi especiais: o mundo das abellas está a esperarnos!!

19/2/16

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO – CURSO ESCOLAR 2.016-2.017


PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO –
CURSO ESCOLAR 2.016-2.017
O prazo para a  Admisión de alumnos que se incorporan ao noso Centro, en Educación Infantil  para o vindeiro curso académico 2.016-2.017, estará aberto dende o 1 ao 29 de marzo, ámbolos dous inclusive

Poden recoller os impresos no Centro no seguinte horario:

Luns a venres: de   9:00 a 14:00 h 
Martes:            de 16:00 a 19:00 h

ou premendo  na seguinte ligazón:

ANEXO II Solicitude de admisión (galego)
ANEXO II Solicitude de admisión (castelán) 

 ANEXO A
ÁREA DE INFLUENCIA:
O ámbito de influencia abrangue o Concello de Poio.

 DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

VACANTES PARA O CURSO 2.016/2017
 
CURSO
RESERVA ALUMNADO NEAE
RESTO ALUMNADO
6º de Educación Infantil
-
12
5º de Educación Infantil
-
4º de Educación Infantil
3

TOTAL VACANTES

12 + 3 NEAE








PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 1 ao 29 de marzo

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS:
Do 1 ao 12 de abril

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE
ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN A ESTAS LISTAXES:
Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación.

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE
ADMITIDOS:
Antes do 15 de maio

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
Do 20 ao 30 de xuño.

NOTA INFORMATIVA
SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR.
A INFRACCIÓN DESTA NORMA DETERMINARÁ A PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.
O ALUMNADO DESTE CENTRO, SE PRESENTA SOLICITUDE DE
ADMISIÓN NOUTRO DISTINTO DEBERÁ COMUNICALO AQUÍ.
O PRAZO DE MATRICULA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2016-2017 SERÁ  DO 20 AO 30 DE XUÑO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.

DOCUMENTACIÓN:
-          Impreso.
-          Fotocopia do Libro de Familia.
-          Certificado de empadroamento (Concello).
-          Fotocopia da tarxeta sanitaria.
-          Dúas fotos tamaño carnet.
-          No suposto de que se alegue unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, acreditarase mediante a certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou, se é o caso, doutras administracións.
-          De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.