Tal como dixera Emily Dickinson, que boas viaxes nos leva a lectura! No noso caso,as escolas unitarias de Poio fixemos unha curta en autobús ata a bibilioteca de Pontevedra, e alí, máis viaxes polo mundo dos libros. Gustounos moito, e de todo, documentos gráficos para o recordo:
Esperando entrar, xa enfrente á biblioteca |
E por fin...o momento de comezar! Primeiro, reglas básicas de como coller e deixar os libros nos seus estantes.
En pequenos grupos, contáronos historias máxicas. |
E tamén houbo un tempo para un especial conto: Cocorico:
Finalmente, tempo para colorear a Cocorico: