Nenos e pintura de dedos xuntos nunha mesma aula...non che é cousa boa! Eso diría alguén que non coñecese aos nosos nenos e nenas. Os pequenos artistas desta escola decidiron darlle a benvida ao Outono da mellor das maneiras: pintando as súas letras coas cores propias desta estación do ano.
Aquí podedes ver un pouquiño dese proceso creativo tan interesante e divertido...
Para comenzar, descubriron que, si mezclaban as cores de cada un dos seus grupos (amarelo, vermello e azul) aparecía a cor..........marrón!!!
A partires de ahí, todo foi do moi doado para os intrépidos debuxantes.
|
Traballo en equipa moi ben organizado. |
|
Supervisión constante...polos controis de calidade e todo iso. |
|
E inda que ás veces un teña que "ensuciarse" as mans... |
|
...podedes ver que o resultado foi impecable e mereceu a pena o esforzo!!! |
|
Ahí tendes a O de Outono |
|
E outra máis!!! |
Se eu fose o Outono, dende logo estaría encantado de que estes "pequenos" pintores alegrasen o meu nome.