18/4/12

Clados e taxóns superiores: Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Polypodiopsida. QUE É ISO???

Desde a volta de Semana Santa, estamos a traballar cun mundo fantástico: as plantas e árbores. Hoxe estivemos a ver un planta chamada fento...sí, pero cun MICROSCOPIO!!! Vimos os soros, que son os grupiños de esporanxios que se poden ver nos enveses dunha fronda fértil (pola parte de debaixo dun fento, as dúas filas de bultiños).

Comezamos coa mostra dalgunhas follas e pequenas plantas que fomos traendo á clase estes días:


Escollemos un fento, para estudalo ben:

Preparamos a observación cortando unha fronda acoplándoa a un pequeno vidro:





 E aquí estamos nós, a ver se viamos algo:














Tamén as vimos no ordenador e na pizarra dixital, grazas á tecnoloxía asociada ao microscopio:



Entramos dentro dun soro, para ver os esporanxios e o anel de células engrosadas (forma de muelle, que aínda que na foto non se vexan moi claramente, de seguro que o recordamos todos moi ben):



Tamén temos un vídeo:

                                                  THIS VIDEO IS NOT AVAILABLE

E aquí, unha foto para a posteridade dos científicos máis precoces de Portosanto (e do resto do mundo).


  E para saber máis:

Libros


  • H. C. Bold, C.J. Alexopoulos & de la sota (1989) Morfología de las Plantas y los Hongos. Omega, Barcelona, 911 pp., ISBN 84-282-0754-2
  • Engler, A. (1924) Syllabus der Pflanzenfamilien.
  • Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA.

Publicacións

  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt y Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (pdf aquí).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith y Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (pdf aquí).
  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)
  • Schneider, H., E. Schuettpelz, K.M. Pryer, R. Cranfill, S. Magallón, R. Lupia. 2004. "Ferns diversified in the shadow of angiosperms." Nature 428: 553-557. (pdf aquí)

E un par de enlaces, con contidos - e imaxes- moi interesantes:

           http://www.diversityoflife.org/cgi-bin/dol/dol_diagkey.pl?matrix=fernfamily4.winc&new=1

E unha pequena páxina educativa: