30/4/12

SEMENTAR, SEMENTAREI...

Como seguimos tamén blogs amigos, vimos que a desde a escola de Samieira fixeron un experimento moi interesante: sementaron pebidas en distintas condicións (con luz e sen ela) para ver cal sería o seu efecto na futura planta.
Así que nós tamén decidimos facer un experimento parecido.
Desde a Escola de Portosanto, partimos dunha historia que nos contou Jorge o Curioso con cinco clases de froitos de plantas (sabemos que alí están as sementes): tomates, pementos, berenxenas, cabaciños e sandías. Contámolo con fotos:



Comezamos co link de Jorge o Curioso: http://www.youtube.com/watch?v=uUQ1oRddyow





O mestre trouxo un representante de cada clase (excepto de sandía, xa que tiñamos pebidas de cabazo do Samaín).


Abrímolas á metade, buscando un montón de pebidas...aínda que so vimos as dos pemento e tomate (posto que as berenxena e o cabaciña aínda eran verduras bebés!)


 Pemento, tomate, berenxena e cabaciña.





Escollemos as sementes de pemento

 Preparámos observacións no microscopio















Cortando a semente pola metade, vimos isto:


Detalle da pebida enteira:
 E tamén, epidermes do tomate, berenxena e cabaciña:



















Despois de velas ben...a plantalas mellor! Escollemos as pebidas de pemento e cabazo.

 Terra á vistaaa...á semente, quero dicir... Saímos ao patio a por terra para as nosas macetas-vasos. Dous vasos de terra por grupo: suficiente.


Cada grupo de traballo (equipos vermello, amarelo e verde) tiñamos tres vasos: no primeiro, puxemos oito sementes de pemento; no segundo, catro de cabaza e finalmente, no último, dúas pebidas de cada clase. Os dous primeiros vasos, con terra; o terceiro, cun pouco algodón. Todos os regamos con auga.





 Despois de marcados coas iniciais de cada equipo, dispuxémolos nunha bandexa xunto a unha ventá. En total, nove vasos con nove incógnitas. Que pasará? Sairán antes os que teñen terra? Os pementos? Os dos equipo vermello? Ningún? Imos darlle un pouco de tempo...xa que a paciencia é a nai da Ciencia.


24/4/12

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO E DE SAN XURXO


Hoxe en Portosanto os nenos non foron á escola. Ben, en Porto Santo de Portugal...posto que Sao Jorge é o patrón de Portugal (nos xa sabemos que cando hai festa, non hai escola). En España, nas Comunidades de Catalunya e Aragón tamén celebran este día como o do seu patrón (alí chámanlle San Jordi e San Chorche). Un pouco máis lonxe de nós, en Inglaterra, tamén teñen a Saint George como o seu patrón (como sabemos inglés, coñecemos que así se chama Xurxo ou Jorge nese idioma).

Soubemos da lenda de San Jorge e o dragón. Aquí van un par de vídeos que vimos na clase:

Ademáis, é o día internacional do libro (datas do pasamento de dous grandes escritores: Shakespeare e Cervantes). En honor a este día, decidimos facer un artiluxio que os nosos abós coñecerán ben: unha máquina de escribir. Aínda que na escola usamos ordenadores, gústanos recordar os inventos de antes (pronto imos ver unha sementeira de millo antiga ...pero iso será outra entrada no blog!).Coma sempre, galería de fotos para o recordo:






Por grupos, traballando: o grupo vermello


                                                           
                                                O grupo amarelo, que lle faltaba un componente

E o grupo verde, coa ausencia de Victoria (que chegaría un pouco máis tarde)

                                                               Así nos quedou o traballo

E agora, galería de fotos persoais:













Felicitamos especialmente a Jorge pola súa onomástica:


E tamén a tres Xurxos. Jorges, Georges, Jordis ou Chorches (que hai moitas linguas e cada unha ten un nome distinto para o mesmo):
George, o irmán pequeno de Peppa Pig


                                       O George que mellor coñece a selva: George da xungla

Ben, ao mellor o que mellor coñece a xungla é o mono Jorge...