30/4/12

SEMENTAR, SEMENTAREI...

Como seguimos tamén blogs amigos, vimos que a desde a escola de Samieira fixeron un experimento moi interesante: sementaron pebidas en distintas condicións (con luz e sen ela) para ver cal sería o seu efecto na futura planta.
Así que nós tamén decidimos facer un experimento parecido.
Desde a Escola de Portosanto, partimos dunha historia que nos contou Jorge o Curioso con cinco clases de froitos de plantas (sabemos que alí están as sementes): tomates, pementos, berenxenas, cabaciños e sandías. Contámolo con fotos:



Comezamos co link de Jorge o Curioso: http://www.youtube.com/watch?v=uUQ1oRddyow





O mestre trouxo un representante de cada clase (excepto de sandía, xa que tiñamos pebidas de cabazo do Samaín).


Abrímolas á metade, buscando un montón de pebidas...aínda que so vimos as dos pemento e tomate (posto que as berenxena e o cabaciña aínda eran verduras bebés!)


 Pemento, tomate, berenxena e cabaciña.





Escollemos as sementes de pemento

 Preparámos observacións no microscopio















Cortando a semente pola metade, vimos isto:


Detalle da pebida enteira:
 E tamén, epidermes do tomate, berenxena e cabaciña:



















Despois de velas ben...a plantalas mellor! Escollemos as pebidas de pemento e cabazo.

 Terra á vistaaa...á semente, quero dicir... Saímos ao patio a por terra para as nosas macetas-vasos. Dous vasos de terra por grupo: suficiente.


Cada grupo de traballo (equipos vermello, amarelo e verde) tiñamos tres vasos: no primeiro, puxemos oito sementes de pemento; no segundo, catro de cabaza e finalmente, no último, dúas pebidas de cada clase. Os dous primeiros vasos, con terra; o terceiro, cun pouco algodón. Todos os regamos con auga.





 Despois de marcados coas iniciais de cada equipo, dispuxémolos nunha bandexa xunto a unha ventá. En total, nove vasos con nove incógnitas. Que pasará? Sairán antes os que teñen terra? Os pementos? Os dos equipo vermello? Ningún? Imos darlle un pouco de tempo...xa que a paciencia é a nai da Ciencia.


No hay comentarios: