PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO
ALUMNADO –
CURSO ESCOLAR 2015-2016
O prazo para a Admisión de alumnos que se incorporan ao noso
Centro, en Educación Infantil para o
vindeiro curso académico 2015-2016, estará aberto dende o 2 ao 23 de marzo, ámbolos dous
inclusive. Poden recoller os impresos no Centro, das 9 ás14 h.
ÁREA DE INFLUENCIA:
O ámbito de influencia
abrangue o Concello de Poio.
NORMATIVA REGULADORA:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo
que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos
públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de
educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato
reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se
desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes
sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de
educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria
e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
PREVISIÓN PARA O
CURSO 2015/2016
6º
de Educación Infantil
|
|
5º
de Educación Infantil
|
|
4º
de Educación Infantil
|
|
Vacantes
|
15
alumnos/as
|
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 2 ao 23 de marzo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS
CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS:
Do 25 de marzo ao 7 de abril
DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE
ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
Antes do 25 de abril
PRAZO DE RECLAMACIÓN A ESTAS LISTAXES:
Nos 5 días hábiles contados a partir
do seguinte ao da publicación.
DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE
ADMITIDOS:
Antes do 15 de maio
PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
Do 22 ao 30 de xuño.
NOTA INFORMATIVA
SÓ SE PODE
PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO
LUGAR.
A INFRACCIÓN DESTA NORMA
DETERMINARÁ A PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.
O ALUMNADO DESTE
CENTRO, SE PRESENTA SOLICITUDE DE
ADMISIÓN NOUTRO DISTINTO
DEBERÁ COMUNICALO AQUÍ.
O PRAZO DE MATRICULA PARA O VINDEIRO
CURSO ESCOLAR 2015-2016 SERÁ DO 22 AO 30
DE XUÑO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.
DOCUMENTACIÓN:
-
Impreso
(Secretaría).
-
Fotocopia do
Libro de Familia.
-
Certificado de
empadroamento (Concello).
-
Fotocopia da
tarxeta sanitaria.
-
Dúas fotos
tamaño carnet.
-
No suposto de
que se alegue unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento,
acreditarase mediante a certificación do ditame emitido polo órgano competente
da Xunta de Galicia ou, se é o caso, doutras administracións.
-
De ser o caso,
fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario