27/11/15

Atención, atención...fotoooooooooooooooooooos!!

Desde hoxe xa se pode acceder a tódalas fotos que se teñen na escola dos nosos alumnos do curso actual.
Para velas, accedede á páxina que dí "FOTOS, VÍDEOS, CUMPLES  do  CURSO 2015-2016" nun lateral do noso blog.
Se non o atopades, pinchade aquí:

Recordade, asemade, que outras páxinas de interese na nosa escola, como a PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL (PXA) están dispoñibles desde o inicio de curso no noso blog.

D4NIEL4...FELIZ 4NIVERS4RIO!!!!

Como non se pode ser feliz nun día coma o de hoxe, heiiiiiin??? Pois non tódolos días cumprimos...

A ver, sinalamos primeiro...

...e falta unha letra...e sobra un número...!!!


Colocándonos ben...

...e hala, a estombaiarse!!


 A cinema tamén estivo presente no día de Daniela:




6/11/15

Festival de L visión en Portosanto

Olaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!! Dándolle voltas á letra L, e a cancións, e a cancións coa letra en cuestión, ocorréusenos que poderíamos buscar en Internet...e atopamos algunhas:

(SE PINCHADES EN CADA UNHA, PODEDES VER O VÍDEO)

LA LA LA - Massiel
LA LA LA - Shakira
LELA - Dulce Pontes
LOLA - The Kinks
LULÚ


Como nos gusta saber a opinión do resto do mundo, pareceunos oportuno incluir aquí unha pequena enquisa para saber con cal vos quedariades...votade, votade....

31/10/15

GUALLUBÍN (ou algo así)

Despois dunha longa travesía no deserto (aínda que con auga da chuvia) sen publicar no noso blog,   resucitámolo para iniciar o curso, xustamente na cercanía da festa de defuntos...ou como un alumno da nosa escola dí, no GUALLUBÍN.

Este noso Guallubín non ten relación co homónimo lugar da República Dominicana (creo), pero sí con cabazos, festa, meigas, zombies, disfraces, festa outra vez....Noutros sitios do mundo chámanlle Samaín ou Halloween, que cada quen escolla a que queira.

Así que, queridos papás, mamás, avós, avoas, tíos, primos e demáis familia, simpatizantes e para tódolos followers deste resucitado zombie-blog.....ahí van fotos do GUALLUBÍN:


Empezamos: en primeiro lugar, cabazos recén cultivados na horta do supermercado...
Ingredientes: cabazos, nenos e profes.
A vaciaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrrr.......!!













Añadir leyenda








A parte da festa, a continucación:



















E para saber máis...