4/4/13

SOLICITUDE DE ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2013-2014

O periodo para solicitar a admisión nos centros docentes sustentados con fondos públicos abranguerá desde o 5 ao 17 de abril.

Para facer a solicitude nesta escola, poderán dirixirse nese tempo ás dependencias do noso centro en horario semanal de 9 a 2. Ademáis, o centro permanecerá aberto os martes pola tarde en horario de 4 a 6.


CRITERIO COMPLEMENTARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS

A  EEI PORTOSANTO, ao abeiro do disposto no

DECRETO  254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e na

 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación 

e seguindo o estipulado no artigo 28. Acreditación e valoración do criterio complementario aprobado polos centros dentro dos Criterios xerais de admisión do alumnado, apartado i) Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do Centro, acorda establecer o seguinte criterio:

i) Por solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público.

A valoración deste criterio será 1 punto.
A acreditación farase de oficio polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión, anexo II da Orde.

O mestre responsable.
Manuel Blanco Lois.




22/11/12

PARA VIAXAR LONXE, NON HAI MELLOR NAVE QUE UN LIBRO

Tal como dixera Emily Dickinson, que boas viaxes nos leva a lectura! No noso caso,as escolas unitarias de Poio fixemos unha curta en autobús ata a bibilioteca de Pontevedra, e alí, máis viaxes polo mundo dos libros. Gustounos moito, e de todo, documentos gráficos para o recordo: 

Esperando entrar, xa enfrente á biblioteca
 Agora outro pouco máis de espera...esta vez, dentro.



E por fin...o momento de comezar! Primeiro, reglas básicas de como coller e deixar os libros nos seus estantes.


  A polos libroooooooooooooooooooooooooooooooooooooooos!!!









En pequenos grupos, contáronos historias máxicas.












 E tamén houbo un tempo para un especial conto: Cocorico:





Finalmente, tempo para colorear a Cocorico:



Descubrimos a biblioteca, un lugar para disfrutar e aprender.

7/11/12

Pentacampión Alejandro

O levantamento de números estase a converter nun deporte moi duro...quizais porque o que representan son anos! Como aínda os nosos anos non pesan moito, resulta doado permanecer inmóvil durante algún tempo pousando para unha foto que se resistía a saír.



 Pasamos este día 7 de novembro agasallando ao noso compañeiro Alejandro por ter cumprido hoxe os 5 anos de idade (mira que é un número máxico: os cinco lobiños que ten a loba, os dedos dunha man, os cinco magníficos...).


Parabéns, Alejandro, por ser, sobre todo, o campión do noso agarimo.

31/10/12

SAMA...HALLO..SAMAWEEN (OU ALGO SEMELLANTE):

Ola a todos/as: despois dunha longa travesía no deserto sen publicacións no noso blog...o Samaín deixou choiva na escola! Quizais aos nosos pequenos lles atraia máis a festa do Halloween, que aínda que traída doutras terras, non deixa de ser curmá do noso Samaín.

Na escola falamos das dúas celebracións e da orixe común...pero o Halloween gañou para o encabezamento do noso mural:




 E dispostas para ser elaboradas en parellas, as cabazas dispoñíanse a afrontar o seu inicio:

 Culleres e dedos, traballando a reo para sacar as pebidas do interior:







Un antes-despois do vaciado:



 Unha meiga aparecía no fondo...cada un de nós faríaa máis tarde tamén!



Finalmente






As nosas amigas, posando felices:

Para rematar, dúas caretas terroríficas...que a clase escolleu para poñer neste día. Ahí van imaxes das mesmas (posto que unha avaría inoportuna da cámara non deixou recoller fotografías dos traballos acabados e do resultado final en cada neno):





  E así rematou un día distinto na nosa escola polo Samaín Halloween 2012.