22/9/12

AVISO ÁS FAMILIAS.

Recordámosvos a todos que o vindeiro luns 24 non haberá clase por mor da festividade da Nosa Señora da Mercé.
Pasade un bo día e lembrade que o martes comenzamos todos ás 9 da mañá!!!

12/9/12

COMEZAMOS O CURSO 2012-2013

Despois das vacacións...volta ao traballo! E na escola, non podería ser menos. Da man dos novos compañeiros que neste curso se incorporaron, fixemos xogos para presentarnos e coñecernos mellor...e ata tivemos tempo de ver un fragmento dun capítulo de Dora (e só un pouquiño, porque os nenos e nenas pedíronlle ao profesor Manuel poder coloreala). Así que, para comezar, non estivo nada mal. Como é costume, sesión de fotos (e un vídeo) deste primeiro día:














19/6/12

FELIZ ANIVERSARIO ARIADNA!!


Este luns 18 de xuño celebramos o aniversario da nosa querida Ariadna. Xa ten cinco anos e,como vedes, celebrámolo por todo o alto. Houbo tarta, velas, canción e, o máis importante, alegría e ilusión. FELICIDADES ARIADNA!!

18/6/12

DERRADEIRA CLASE COA PROFE SONIA.


O curso está a rematar e pouco a pouco chega ao seu fin. Este venres día 15 despedímonos da nosa profe Sonia. Bo verán e ata o curso que ven!.

13/6/12

RAXÓ 2012: QUE AVENTURA!!

Gran aventura o martes 12 de xuño de 2012.
 Convertidos en mariñeiros e mariñeiras descubrimos un montón de cousas sobre esta difícil profesión.

COMO VEDES, ESTAMOS TODOS PREPARADOS

E DISPOSTOS

CHEOS DE ILUSIÓN 

E DE SONO TAMÉN (SÓ UN POUCO)

CHEGAMOS A RAXÓ

PARA EMBARCAR NUNHA NOVA AVENTURA

NA QUE DESCUBRIMOS O MUNDO DO MAR

E DOS MEXILÓNS!!

FIXEMOS NOVOS AMIGOS QUE NOS ENSINARON COUSAS MOI INTERESANTES

AQUÍ TEMOS UNHA BOA FONTE DE MEXILÓNS!!



MIRADE QUE ATENTOS/AS ESTABAMOS

INCLUSO SUBIMOS Á PONTE DE MANDO!!

E PUIDEMOS VER O TIMÓN (DE TOCALO NADA DE NADA)





TAMÉN APRENDEMOS MOITO SOBRE AS REDES DE PESCA




                                           E PASÓUSENOS A MAÑÁ NUN VIRA-VIRA!!

Foi toda unha experiencia! Subimos a un barco e fomos mariñeiros/as por unhas horas antes de voltar á nosa escola. Unha viaxe que non esqueceremos nunca.

Grazas aos mariñeiros de Raxó que nos adicaron o seu tempo e que nos amosaron un pouquiño da súa profesión.

11/6/12

VISITA AO ZOO DE VIGO. QUE ILUSIÓN!!

      Día 8 de xuño: preparados estamos os nenos e nenas de Portosanto para unha nova aventura.

¿TODOS LISTOS?



CHEGAMOS Á ESTACIÓN DO TREN!

SÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍ!!!!!!!

MENTRES AGARDAMOS A QUE CHEGUE O TREN PENSAMOS NAS NOSAS COUSAS

POR FIN ESTAMOS NO TREN!

FIESTRA OU PASILLO? DA IGUAL.

O IMPORTANTE É DISFRUTAR DA  VIAXE

E COMO PODEDES VER...

TODOS ESTABAMOS MOI CONTENTOS!


Chegamos a Vigo en tren e logo tivemos que coller o autobús para ir ao Zoo. Toda unha excursión, ou non?


POR FIN!

XA ESTAMOS NO ZOO!

MIRADE QUE LEDICIA.

QUE ESTAMOS MIRANDO TAN INTERESADOS?


TARTARUGAS!

TARTARUGAS MEDIANAS

E TARTARUGAS XIGANTES!











TAMÉN HABÍA XABARÍNS!



MIRADE! A FAMILIA DE BAMBY!


UN TIGRE!!!!!



E LEÓNS!!!

UN MACACO DE XIBRALTAR.

UN OSO XIGANTE...

CON PICOR DE ESPALDA.

UN FERMOSO PAVO REAL

MIRADE, ESTAMOS NUN PLANETARIO HINCHABLE!!!




A VISITA REMATA PERO COMO PODEDES VER NON ESTAMOS CANSOS  EN ABSOLUTO.
PASÁMOLO DE RECHUPETE E, COMA SEMPRE, DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS NOVAS DOS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS.

PARA O PRÓXIMO CURSO VOLVEMOS OUTRA VEZ!