3/6/11

APÍPOLIS...E A VILA DAS ABELLAS

Traballadoras, ordenadas...ben, coma nós (case). Este mércores 1 de xuño pasámolo en grande en Apípolis, un territorio duns pequenos animais imprescindibles como resultan ser os insectos. Aínda que non teñamos coma eles ollos compostos, vémolos de moi boa maneira (e con bos ollos):


E aínda que tamén tomamos proteccións (por si as moscas...ou as abellas!), se as tratamos ben, elas pórtanse ben connosco.

Tamén fixemos máis cousas:

Comezamos cunha historia sobre as abellas...

...e fixemos  riquísimas galletas con mel





Vede que  panal de mel enooooooorme!
E ao final,  compartindo sorrisos e xogos.







UN MURAL ARREDOR DUN CENTRO DE INTERES MOI ANIMAL...

Despois de buscar durante moooooooooooooooito tempo (estes ordenadores dannos moitas dores de cabeza), fixemos un novo mural cos animais que contiñan as letras que estabamos a traballar: F, H, R, G e J.

Decatámonos de que o R aparecía moitísimas veces! Velahí o resultado:

15/5/11

FELIZ ANIVERSARIO, ALEJANDRO!!

Hoxe 15 de maio xa tes cinco anos. Parabéns!!


"PEDRO E O LOBO" CHEGARON A RAXÓ E NÓS ESTIVEMOS CON ELES!!

Este venres día 13 de maio fomos á representación dunha obre de teatro en Raxó xunto cos nosos amigos de Albar, Pereiro, Samieira, Sartal e O Vao. Como poderedes imaxinar, pasámolo moi ben e rímonos moito. Aquí están as probas!!




FELICIDADES A TODAS AS MAMÁS!!

 A todas as mamás queremos desexarlles un día da nai estupendo en compañía das súas familias.




28/4/11

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Pois así é, a Semana Santa pasou e nós estamos de volta na escola coas pilas cargadas e con moitas ganas de aprender e descubrir novas cousas. Poderedes seguir os nosos avances neste blog en breve.
Ate entón, un saudiño a todos/as.

15/4/11

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA A TODOS/AS.

Os profesores e profesoras da EEI Portosanto deséxanlle aos alumnos/as, e ás súas familias, que pasen unha boa Semana Santa. Esperámolos á volta para seguir descubrindo cousas e aprendendo moito. Ata pronto!!.