15/4/11

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA A TODOS/AS.

Os profesores e profesoras da EEI Portosanto deséxanlle aos alumnos/as, e ás súas familias, que pasen unha boa Semana Santa. Esperámolos á volta para seguir descubrindo cousas e aprendendo moito. Ata pronto!!.

XA TEMOS PORTA NOVA!!

Por fin!!. Levou o seu tempo pero xa podemos presumir de nova porta na nosa escola. En breve colgarei algunhas fotos para que todo o mundo poida admirala.

5/4/11

DÁMOSLLE A BENVIDA Á NOSA NOVA PROFESORA DE INGLÉS!!

Pois sí, Lara é a nova profe de inglés e vai estar con nós unha tempada en lugar de  Gonzalo, a quen lle desexamos unha boa recuperación.
Welcome Lara!!.

4/4/11

FELIZ CUMPREANOS DEREK!!

Hoxe queremos felicitar todos/as a Derek polo seu aniversario. Disfrútao coa familia e os teus amigiños/as!!.

31/3/11

CHEGOU A PRIMAVEIRA!!

Sí, é certo, chegou a primaveira tamén á nosa escola. Entre todos/as estamos a descubrir todas as marabillas desta estación do ano. En breve colgaremos os traballos e actividades que estamos a facer. Ate pronto!!

26/3/11

MURAIS DA RÚA E DOS MEDIOS DE TRANSPORTE




Aquí vemos, por terra, mar e aire, aos equipos amarelo, vermello e verde. Ainda que todos traballamos tódolos medios de transporte, finalmente, o equipo amarelo "especializouse" nos terrestres, o vermello nos marítimos e o verde nos aéreos. 

                                             E Voilà! este foi o resultado!!.



EQUIPO VERMELLO



EQUIPO AMARELO

EQUIPO VERDE

ADEUS INVERNO,ADEUS.

Xa se foi o inverno,                                                  
xa marchou para outro país
Sabiamos que non ía ser eterno,
agarderémolo para o ano aquí.






E con este fantástico mural feito polos pequenos/as artistas de Portosanto, desexámoslle boa viaxe e
despedímonos del ata o ano que ven.