31/3/11
CHEGOU A PRIMAVEIRA!!
Sí, é certo, chegou a primaveira tamén á nosa escola. Entre todos/as estamos a descubrir todas as marabillas desta estación do ano. En breve colgaremos os traballos e actividades que estamos a facer. Ate pronto!!
26/3/11
MURAIS DA RÚA E DOS MEDIOS DE TRANSPORTE
Aquí vemos, por terra, mar e aire, aos equipos amarelo, vermello e verde. Ainda que todos traballamos tódolos medios de transporte, finalmente, o equipo amarelo "especializouse" nos terrestres, o vermello nos marítimos e o verde nos aéreos.
| EQUIPO VERMELLO |
| EQUIPO AMARELO |
| EQUIPO VERDE |
ADEUS INVERNO,ADEUS.
Xa se foi o inverno,
xa marchou para outro país
Sabiamos que non ía ser eterno,
agarderémolo para o ano aquí.

E con este fantástico mural feito polos pequenos/as artistas de Portosanto, desexámoslle boa viaxe e
despedímonos del ata o ano que ven.
xa marchou para outro país
Sabiamos que non ía ser eterno,
agarderémolo para o ano aquí.
E con este fantástico mural feito polos pequenos/as artistas de Portosanto, desexámoslle boa viaxe e
despedímonos del ata o ano que ven.
18/3/11
SEGUNDA AVALIACIÓN E ENTREGA DE BOLETÍN INFORMATIVO ÁS FAMILIAS
Como xa se indica na comunicación entregada aos pais/nais este venres día 18, a entrega de boletíns informativos correspondentes á segunda avaliación farase o venres día 1 de abril.
FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS!!
Estes marabillosos/as artistas traballaron sen descanso ata conseguir o mellor regalo para os seus papás. A que é unha obra de arte?.
12/3/11
ESTA SEMANA COMEZAMOS UN NOVO NÚCLEO TEMÁTICO: A RÚA
Logo de finalizar co Entroido e as Profesións,
esta semana imos tratar un tema moi interesante: A Rúa. Para o traballo deste novo núcleo temático ímonos servir, entre outras cousas, da pintura.
esta semana imos tratar un tema moi interesante: A Rúa. Para o traballo deste novo núcleo temático ímonos servir, entre outras cousas, da pintura.
SUXERENCIAS PARA O ENTROIDO 2012
Convídase a todas as nais e pais a aportar ideas e suxerencias para a elección dos disfraces para o vindeiro entroido. Animádevos a participar!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


