26/3/11

MURAIS DA RÚA E DOS MEDIOS DE TRANSPORTE




Aquí vemos, por terra, mar e aire, aos equipos amarelo, vermello e verde. Ainda que todos traballamos tódolos medios de transporte, finalmente, o equipo amarelo "especializouse" nos terrestres, o vermello nos marítimos e o verde nos aéreos. 

                                             E Voilà! este foi o resultado!!.



EQUIPO VERMELLO



EQUIPO AMARELO

EQUIPO VERDE

ADEUS INVERNO,ADEUS.

Xa se foi o inverno,                                                  
xa marchou para outro país
Sabiamos que non ía ser eterno,
agarderémolo para o ano aquí.






E con este fantástico mural feito polos pequenos/as artistas de Portosanto, desexámoslle boa viaxe e
despedímonos del ata o ano que ven.

18/3/11

SEGUNDA AVALIACIÓN E ENTREGA DE BOLETÍN INFORMATIVO ÁS FAMILIAS

Como xa se indica na comunicación entregada aos pais/nais este venres día 18, a entrega de boletíns informativos correspondentes á segunda avaliación farase o venres día 1 de abril.

FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS!!

 
Estes marabillosos/as artistas traballaron sen descanso ata conseguir o mellor regalo para os seus papás. A que é unha obra de arte?.

12/3/11

ESTA SEMANA COMEZAMOS UN NOVO NÚCLEO TEMÁTICO: A RÚA

Logo de finalizar co  Entroido e as Profesións,


esta semana imos tratar un tema moi interesante: A Rúa. Para o traballo deste novo núcleo temático ímonos servir, entre outras cousas, da pintura.
La calle. Botero




SUXERENCIAS PARA O ENTROIDO 2012

Convídase a todas as nais e pais a aportar ideas e suxerencias para a elección dos disfraces para o vindeiro entroido. Animádevos a participar!.

7/3/11

ENTROIDO EN PORTOSANTO

Como xa todos a todas saberedes, o pasado día catro deste mes celebramos o entroido na nosa escola de Portosanto. Podería ter sido un entroido máis se non fose pola la peculiaridade de que concentrou ao maior número de Bob Esponxas por metro cadrado (mágoa  non ter avisado aos do Libro Guiness dos Récords para que acudiran ao acontecemento... no caso de haber sitio suficiente porque con tanta esponxa...). Disque tamén houbo comida, bebida e música!. Que máis se pode pedir?.