18/4/12

Clados e taxóns superiores: Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Polypodiopsida. QUE É ISO???

Desde a volta de Semana Santa, estamos a traballar cun mundo fantástico: as plantas e árbores. Hoxe estivemos a ver un planta chamada fento...sí, pero cun MICROSCOPIO!!! Vimos os soros, que son os grupiños de esporanxios que se poden ver nos enveses dunha fronda fértil (pola parte de debaixo dun fento, as dúas filas de bultiños).

Comezamos coa mostra dalgunhas follas e pequenas plantas que fomos traendo á clase estes días:


Escollemos un fento, para estudalo ben:

Preparamos a observación cortando unha fronda acoplándoa a un pequeno vidro:





 E aquí estamos nós, a ver se viamos algo:














Tamén as vimos no ordenador e na pizarra dixital, grazas á tecnoloxía asociada ao microscopio:



Entramos dentro dun soro, para ver os esporanxios e o anel de células engrosadas (forma de muelle, que aínda que na foto non se vexan moi claramente, de seguro que o recordamos todos moi ben):



Tamén temos un vídeo:

                                                  THIS VIDEO IS NOT AVAILABLE

E aquí, unha foto para a posteridade dos científicos máis precoces de Portosanto (e do resto do mundo).


  E para saber máis:

Libros


  • H. C. Bold, C.J. Alexopoulos & de la sota (1989) Morfología de las Plantas y los Hongos. Omega, Barcelona, 911 pp., ISBN 84-282-0754-2
  • Engler, A. (1924) Syllabus der Pflanzenfamilien.
  • Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA.

Publicacións

  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt y Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (pdf aquí).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith y Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (pdf aquí).
  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)
  • Schneider, H., E. Schuettpelz, K.M. Pryer, R. Cranfill, S. Magallón, R. Lupia. 2004. "Ferns diversified in the shadow of angiosperms." Nature 428: 553-557. (pdf aquí)

E un par de enlaces, con contidos - e imaxes- moi interesantes:

           http://www.diversityoflife.org/cgi-bin/dol/dol_diagkey.pl?matrix=fernfamily4.winc&new=1

E unha pequena páxina educativa:









30/3/12

Volvemos o 10 de Abril

Para todos aqueles que extraviaron a carta (quen sabe onde??) que con tanto amor e cariño o mestre de Portosanto tivo a ben entregar ás familias ou para aqueloutros que foron víctimas dun atracador de cartas de escola (de todo hai), recordámoslles que nela se informaba, entre outras cousas, que estaremos de volta o martes 10 de abril.

Como na carta viñan máis cousas...MIRADE A SECCIÓN de DERRADEIRA COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS, que podedes ver na columna da dereita do blog, máis ou menos, entre a foto da escola e o contador de visitas (que por certo, xa pasamos do millar!).

Igualmente, recordamos que nese mesmo día remata o prazo de solicitude de matrícula para o vindeiro curso.

Un saúdo para todos/as.

ASTARTÉ, EASTER, COELLO NO SEPULCRO DE XESÚS: O NOSO COELLO DE PASCUA

De tan variadas maneiras como reza o encabezado desta entrada, pode remontarse a orixe da obra que fixemos estes días: un Coelliño de Pascua onde poder meter ovos de chocolate e demáis larpeiradas que caiban.

Os que case non cabiamos eramos nos na foto...todo é cuestión de apretarse un pouco!



  Detalle dun dos coellos que quería saír na foto:

Un par de enlaces para ver a orixe do Coello de Pascua:
http://www.scrippsnews.com/node/19769
http://web.archive.org/web/20060331174718/http://altreligion.about.com/library/bl_easterbunny.htm
http://landscaping.about.com/cs/pests/a/easter_rabbit.htm

Para vistazos moi rápidos, unha de wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Conejo_de_Pascua

22/3/12

EU DE MAIOR QUERO SER...BOMBEIRO!!!

Hoxe fixémoslle unha visita aos bombeiros de Pontevedra e descubrimos o divertido que poder ser esa difícil profesión.
Hai que ser moi forte e valiente (como os nen@s de Portosanto) e tamén ter moitas ganas de axudar aos demais.

ESTA FOI A NOSA CHEGADA

COMENZAMOS A SENTARNOS


E A SENTARNOS








ESTE AMABLE BOMBEIRO CONTÓUNOS COUSAS MOI INTERESANTES DO SEU TRABALLO

E AMOSÓUNOS TODAS AS COUSAS QUE LEVAN NO CAMIÓN DE BOMBEIROS

Como nos gustou tanto o que vimos, decicimos empezar a facer prácticas XA!!!

                                               O primeiro de todo, ver como nos senta o uniforme







Subir ao camión e sentarnos nos nosos postos



E pasamos ás prácticas coa mangueira...





Pois visto que xa sabemos facer (case) todo, pasamos ao divertido... a ESCUMAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!










Xa vedes que foi unha "dura xornada de traballo"



Para o ano que ven facémoslles outra visita, a que sí?

20/3/12

A PRIMAVERA XA ESTÁ AAAAAAAAAAAAAACHÍS, AQUÍ!


Pois é certo, case sen darnos conta apareceu de novo a primavera nas nosas vidas! Ven cargada de color




 calor e ánimo (mais ben alteracións do ánimo) e tamén de polen!


Olliño, olliño aquel@s que sexan alérxicos!!

Pero de calquera xeito....

19/3/12

FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS, JOSÉS E JOSEFAS!!!

Na nosa escola, como non podía ser menos, celebramos o Día do Pai traballando arreo para amosarlle aos nosos papás canto os queremos. Aquí está o resultado: