6/3/12

SALOOOOOOOOOOOOOOON DO LIBRO

Ola! Non nos imaxinabamos que poidese haber un saloooooooooooooon tan grande (mesmo parecía unha ducia de salas de cinema xuntas!) cheos de libros e figuras tan grandes! Cos compañeiros das unitarias do Concello de Poio (Samieira e Sartal - escolas que nos convidaron-,  así como as escolas de Albar e Vao) fixemos unha visita ao SALÓN DO LIBRO de Pontevedra, que este ano ía adicado ás supersticións.
Ben...tamén pasamos un pouco de medo...había algunha meiga solta por alí!!!

 Antes, un enlace á páxina do salón do libro: http://www.salondolibro.org/

E agora, descargamos sesión fotográfica...alí vai:











































5/3/12

ABERTO PRAZO SOLICITUDE ADMISIÓN EEI PORTOSANTO - CURSO 2012-2013

Desde o 1 de marzo e ata o 10 de abril estará aberto o prazo para solicitar a admisión do alumnado de cara o vindeiro curso 2012-2013 en tódolos centros sostidos con fondos públicos de Galicia.

Así, os/as alumnos/as nados no ano 2009 (todos aqueles/as que cumpran os 3 anos durante o ano 2012) xa poderán incorporarse ao segundo ciclo de Educación Infantil.

17/2/12

ENTROIDOMÉSTICOS, ELECTRODISFRACES (E OUTRAS PERSOAXES):


O venres, 17 de febreiro houbo un cortocircuito en Portosanto. Centos de ducias de miles de electrodomésticos (máis concretamente, dez) decidiron tomar o poder na nosa escola, dando chimpos e cantando. Ahí van as probas:



 Ben...ao grupo tamén se lle uniu Brancaneves e unha lunni...
 Como co paso do tempo xa se quentabann os circuitos, decidiron quitar a pel e converterse en ...nenos e nenas (que horroooooooooooor........!!!)


Un a un, poidemos sacarlles unhas fotos a estes feroces electrodomésticos antes de mutarse. Se os recoñecedes, facédeo saber...SON MOI PERIGOSOS...! Aquí están os nosos protagonistas:












Temos tamén un vídeo tamén para que poidamos recoñecelos mellor:



Adxuntamos traballos dos nosos alumnos sobre o Entroido:












E algunhas cousas traballadas coa mestra Sonia na convalencia do mestre Manuel:








6/2/12

AVISO IMPORTANTE!!

A excursión planeada para o  vindeiro martes 7 de febreiro queda CANCELADA por problemas de saúde do profesor titor. Sentímolo moito.