12/9/11

BENVIDOS E BENVIDAS DE NOVO!!

Xa estamos aquí outra vez. Desexamos que pasarades unhas voas vacacións 


pero agora toca traballar,


 aprender



e,como non, tamén xogar e coñecer novos compañeiros/as.





Aos que xa coñecemos e aos que se incorporan por primeira vez, o equipo docente desta escola deséxalles UN BO COMENZO DESTE NOVO CURSO.




3/9/11

REUNIÓN INICIO DE CURSO ESCOLAR 2011-2012

O vindeiro mércores 7 de setembro ás 10:00 terá lugar na nosa escola a reunión cos pais/nais para tratar temas de interese en relación ao novo curso escolar.
Agradecemos a vosa asistencia e contamos coa vosa colaboración.

1/9/11

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO!!

A Escola de Portosanto davos a benvida a todos/as a este novo curso que comenzará o próximo día 12 de setembro.

Agardámosvos con ilusión e ganas de empezar un novo ano escolar.

26/6/11

FIN DE CURSO EN PORTOSANTO

Pois sí, chegou o verán e rematou o curso...ata setembro. En Portosanto decidimos celebrar un gran festival para despedirnos ata o novo curso. Ainda que con un pouco de tristeza, porque tres dos nosos amigos vanse para outras escolas (xa son "grandes""), pasámolo moi ben. Aquí tendes as probas:


LEMOS CONTOS


FIXÉRONNOS MOITÍSIMAS FOTOS


DESPEDIMOS A ANTONELLA, PAULA E DEREK QUE, COMO XA SON MAIORES, MARCHAN PARA OUTROS COLES. BOA SORTE RAPACES.


E TAMÉN PASAMOS MOITA CALOR



20/6/11

GOOD LUCK, TEACHERS LARA E GONZALO!

Este luns como é hoxe tamén foi o último día da profe Lara, que substitutía ao profe Gonzalo, convalecente nos últimos meses de curso. Coa teacher Lara estivemos moi pouco tempo, pero foi de proveito. Unha aperta de despedida para os dous!

17/6/11

VENRES 17 DE XUÑO, un día de alegría: ARIADNA E OS SEUS CATRO MAGNÍFICOS...ANOS!!! PARABÉNS!!!

Como grande estrela, Ariadna foi este venres a homenaxeada, pois non era para menos...catros anos cumprirá o sábado 18 de xuño!!!
Non sabemos se hai crise dos catro anos (penso que aínda haberá que esperar un pouco) pero hoxe, desde logo, so hai lugar para a felicidade. PARABÉNS, ARIADNA!!
E como estrelas da cinema, deixamos unha mostra. Ahí vai:

... e un día de tristeza: DESPEDIMOS Á PROFESORA BARCA

Despois de dous anos connosco, a profesora Barca navega cara outro rumbo. Coas nosas bágoas faremos un mar amigo no que non haxa tempestades e co noso alento que so sopre unha brisa suave nas suas velas. Boa viaxe e recorda que sempre hai un porto-santo no que amarrar cando o desexes! Seguro que saberemos de ti por Colón, o nosa fiel mascota.Un bico enooooooooooorme de todos nos...e a navegar!


Deixamosvos tamén un vídeo: