3/6/11

UN MURAL ARREDOR DUN CENTRO DE INTERES MOI ANIMAL...

Despois de buscar durante moooooooooooooooito tempo (estes ordenadores dannos moitas dores de cabeza), fixemos un novo mural cos animais que contiñan as letras que estabamos a traballar: F, H, R, G e J.

Decatámonos de que o R aparecía moitísimas veces! Velahí o resultado:

15/5/11

FELIZ ANIVERSARIO, ALEJANDRO!!

Hoxe 15 de maio xa tes cinco anos. Parabéns!!


"PEDRO E O LOBO" CHEGARON A RAXÓ E NÓS ESTIVEMOS CON ELES!!

Este venres día 13 de maio fomos á representación dunha obre de teatro en Raxó xunto cos nosos amigos de Albar, Pereiro, Samieira, Sartal e O Vao. Como poderedes imaxinar, pasámolo moi ben e rímonos moito. Aquí están as probas!!




FELICIDADES A TODAS AS MAMÁS!!

 A todas as mamás queremos desexarlles un día da nai estupendo en compañía das súas familias.




28/4/11

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Pois así é, a Semana Santa pasou e nós estamos de volta na escola coas pilas cargadas e con moitas ganas de aprender e descubrir novas cousas. Poderedes seguir os nosos avances neste blog en breve.
Ate entón, un saudiño a todos/as.

15/4/11

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA A TODOS/AS.

Os profesores e profesoras da EEI Portosanto deséxanlle aos alumnos/as, e ás súas familias, que pasen unha boa Semana Santa. Esperámolos á volta para seguir descubrindo cousas e aprendendo moito. Ata pronto!!.

XA TEMOS PORTA NOVA!!

Por fin!!. Levou o seu tempo pero xa podemos presumir de nova porta na nosa escola. En breve colgarei algunhas fotos para que todo o mundo poida admirala.