15/5/11

28/4/11

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Pois así é, a Semana Santa pasou e nós estamos de volta na escola coas pilas cargadas e con moitas ganas de aprender e descubrir novas cousas. Poderedes seguir os nosos avances neste blog en breve.
Ate entón, un saudiño a todos/as.

15/4/11

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA A TODOS/AS.

Os profesores e profesoras da EEI Portosanto deséxanlle aos alumnos/as, e ás súas familias, que pasen unha boa Semana Santa. Esperámolos á volta para seguir descubrindo cousas e aprendendo moito. Ata pronto!!.

XA TEMOS PORTA NOVA!!

Por fin!!. Levou o seu tempo pero xa podemos presumir de nova porta na nosa escola. En breve colgarei algunhas fotos para que todo o mundo poida admirala.

5/4/11

DÁMOSLLE A BENVIDA Á NOSA NOVA PROFESORA DE INGLÉS!!

Pois sí, Lara é a nova profe de inglés e vai estar con nós unha tempada en lugar de  Gonzalo, a quen lle desexamos unha boa recuperación.
Welcome Lara!!.

4/4/11

FELIZ CUMPREANOS DEREK!!

Hoxe queremos felicitar todos/as a Derek polo seu aniversario. Disfrútao coa familia e os teus amigiños/as!!.

31/3/11

CHEGOU A PRIMAVEIRA!!

Sí, é certo, chegou a primaveira tamén á nosa escola. Entre todos/as estamos a descubrir todas as marabillas desta estación do ano. En breve colgaremos os traballos e actividades que estamos a facer. Ate pronto!!