15/4/11
FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA A TODOS/AS.
Os profesores e profesoras da EEI Portosanto deséxanlle aos alumnos/as, e ás súas familias, que pasen unha boa Semana Santa. Esperámolos á volta para seguir descubrindo cousas e aprendendo moito. Ata pronto!!.
XA TEMOS PORTA NOVA!!
Por fin!!. Levou o seu tempo pero xa podemos presumir de nova porta na nosa escola. En breve colgarei algunhas fotos para que todo o mundo poida admirala.
5/4/11
DÁMOSLLE A BENVIDA Á NOSA NOVA PROFESORA DE INGLÉS!!
Pois sí, Lara é a nova profe de inglés e vai estar con nós unha tempada en lugar de Gonzalo, a quen lle desexamos unha boa recuperación.
Welcome Lara!!.
Welcome Lara!!.
4/4/11
FELIZ CUMPREANOS DEREK!!
Hoxe queremos felicitar todos/as a Derek polo seu aniversario. Disfrútao coa familia e os teus amigiños/as!!.
31/3/11
CHEGOU A PRIMAVEIRA!!
Sí, é certo, chegou a primaveira tamén á nosa escola. Entre todos/as estamos a descubrir todas as marabillas desta estación do ano. En breve colgaremos os traballos e actividades que estamos a facer. Ate pronto!!
26/3/11
MURAIS DA RÚA E DOS MEDIOS DE TRANSPORTE
Aquí vemos, por terra, mar e aire, aos equipos amarelo, vermello e verde. Ainda que todos traballamos tódolos medios de transporte, finalmente, o equipo amarelo "especializouse" nos terrestres, o vermello nos marítimos e o verde nos aéreos.
| EQUIPO VERMELLO |
| EQUIPO AMARELO |
| EQUIPO VERDE |
ADEUS INVERNO,ADEUS.
Xa se foi o inverno,
xa marchou para outro país
Sabiamos que non ía ser eterno,
agarderémolo para o ano aquí.

E con este fantástico mural feito polos pequenos/as artistas de Portosanto, desexámoslle boa viaxe e
despedímonos del ata o ano que ven.
xa marchou para outro país
Sabiamos que non ía ser eterno,
agarderémolo para o ano aquí.
E con este fantástico mural feito polos pequenos/as artistas de Portosanto, desexámoslle boa viaxe e
despedímonos del ata o ano que ven.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)