Chega o Nadal (e vaise) e un novo ano (2012 van xa!) asoma por un recuncho.
E desde este recuncho de Portosanto e para todo o mundo, o máis grande dos desexos de felicidade.
E para cando rematen as festas, que siga (a felicidade...ben, e as festas tamén).
24/12/11
14/12/11
UN DÍA MOI MOI ESPECIAL.
Hoxe foi un día moi especial porque fixemos un montón de novos amigos e amigas e iso sempre é importante. Fixemos unha visita a SACENDI e levamos unha mais que agradable sorpresa. Íamos dispost@s a cantar e bailar, a dalo todo en definitiva. Pero a sorpresa foi que recibimos moito mais do que nós puidemos dar: recibimos moito cariño, atención, regalos e, por riba, fixemos moitísimos amig@s que non esqueceremos. Foi un bo día ou non?.
Tan só podemos decir MOITAS GRAZAS!!
16/11/11
NÓS TAMÉN FACEMOS O MAGOSTO!!
Efectivamente, hoxe na nosa escola celebramos un magosto moi especial porque, ademáis de castañas, tivemos outros froitos secos como noces, améndoas, cacahuetes, ...
7/11/11
UN LUNS MOI ESPECIAL!!
Este luns tivemos moitas novas na nosa escola. Celebramos o aniversario de Alejandro
¿Cantos anos cumprirá Alejandro...?
E démoslle a benvida a Malena, que recibíu o agarimo dos seus novos compañeiros/as.
¿Cantos anos cumprirá Alejandro...?
E démoslle a benvida a Malena, que recibíu o agarimo dos seus novos compañeiros/as.
3/11/11
28/10/11
EN PORTOSANTO CELEBRAMOS O SAMAÍN AO GRANDE!!
Así é, hoxe celebramos o Samaín (tradición celta reconvertida en Halloween) cunha festiña para os nosos rapaces e rapazas. Ahí van as probas!!
Primeiro preparamos as cabazas
Ó mellor non dan tanto medo, verdade? Ou sï?
E celebrándoo cos profes...
Xa podedes ver que o pasamos moi ben. Estamos desexando repetilo o ano que ven.
Primeiro preparamos as cabazas
E logo de moito traballar, aquí tendes o resultado:
Que medo dan!!
Ó mellor non dan tanto medo, verdade? Ou sï?
Pois aquí estamos comendo arañas tan ricamente, coma se nada...
E celebrándoo cos profes...
En definitiva, pasámolo moi ben.
Xa podedes ver que o pasamos moi ben. Estamos desexando repetilo o ano que ven.
12/9/11
BENVIDOS E BENVIDAS DE NOVO!!
Xa estamos aquí outra vez. Desexamos que pasarades unhas voas vacacións
pero agora toca traballar,
aprender
e,como non, tamén xogar e coñecer novos compañeiros/as.
Aos que xa coñecemos e aos que se incorporan por primeira vez, o equipo docente desta escola deséxalles UN BO COMENZO DESTE NOVO CURSO.
3/9/11
REUNIÓN INICIO DE CURSO ESCOLAR 2011-2012
O vindeiro mércores 7 de setembro ás 10:00 terá lugar na nosa escola a reunión cos pais/nais para tratar temas de interese en relación ao novo curso escolar.
Agradecemos a vosa asistencia e contamos coa vosa colaboración.
Agradecemos a vosa asistencia e contamos coa vosa colaboración.
1/9/11
BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO!!
A Escola de Portosanto davos a benvida a todos/as a este novo curso que comenzará o próximo día 12 de setembro.
Agardámosvos con ilusión e ganas de empezar un novo ano escolar.
Agardámosvos con ilusión e ganas de empezar un novo ano escolar.
26/6/11
FIN DE CURSO EN PORTOSANTO
Pois sí, chegou o verán e rematou o curso...ata setembro. En Portosanto decidimos celebrar un gran festival para despedirnos ata o novo curso. Ainda que con un pouco de tristeza, porque tres dos nosos amigos vanse para outras escolas (xa son "grandes""), pasámolo moi ben. Aquí tendes as probas:
LEMOS CONTOS |
FIXÉRONNOS MOITÍSIMAS FOTOS |
DESPEDIMOS A ANTONELLA, PAULA E DEREK QUE, COMO XA SON MAIORES, MARCHAN PARA OUTROS COLES. BOA SORTE RAPACES. |
E TAMÉN PASAMOS MOITA CALOR |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)